Natalia González Benéitez será a candidata do PSdeG-PSOE á Alcaldía de Ourense

GaliciaXa | OurenseXa
A Executiva Provincial informa de que foi a única precandidatura presentada dentro do prazo establecido
natalia-gonzalez-psoe-ourense
3 Jul 2026

A Executiva Provincial do PSdeG-PSOE de Ourense comunicou que, unha vez finalizado o prazo habilitado para a presentación de precandidaturas á elección da persoa candidata á Alcaldía de Ourense, se rexistrou unha única proposta.

A candidatura presentada está encabezada por Natalia González Benéitez, actual secretaria xeral do PSdeG-PSOE na cidade de Ourense e portavoz do Grupo Municipal Socialista no Concello.

Segundo o regulamento establecido para este proceso interno, ao existir unha única precandidatura presentada non será necesario desenvolver o proceso de elección mediante primarias.

Deste xeito, queda sen efecto o calendario previsto inicialmente para a celebración das votacións internas que fora anunciado nos días anteriores.

Como consecuencia deste procedemento, Natalia González Benéitez queda proclamada como candidata do PSdeG-PSOE á Alcaldía do Concello de Ourense.

0.11444520950317