Niñodaguia acollerá o XII Encontro de Cacharreiros do 14 ao 16 de agosto

RibeiraSacraXa | OurenseXa
A cita reunirá a once oleiros, ofrecerá demostracións de cerámica e completará a programación con concertos nocturnos no ciclo Atardeceres Musicais
encontro-cacharreiros-niñodaguia
6 Aug 2026

O Museo de Niñodaguia celebrará entre os días 14 e 16 de agosto a duodécima edición do Encontro de Cacharreiros, unha cita dedicada á olaría tradicional que reunirá a artesáns e público arredor deste oficio.

Durante as tres xornadas, o recinto permanecerá aberto en horario de 11.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 21.00 horas, permitindo aos visitantes coñecer de preto o traballo dos oleiros participantes e descubrir as súas creacións.

Nesta edición participarán Carlos Lima, Xana Monteiro, Antón Román, Carlos Sandeclaudio, Susana González, Gonzalo de Buño, Enrique Cabanas, Antía Caldeiro, Belén Agustín Vázquez, Xana Méndez e Diego Ferreiro.

A inauguración oficial terá lugar o 14 de agosto ás 12.30 horas. A programación completarase cada noite co ciclo Atardeceres Musicais, que ofrecerá concertos ás 22.30 horas. O día 14 actuará Juan (Musgo), o día 15 será a quenda de Iria e o día 16 pecharán a programación as Xunqueireteiras.

O XII Encontro de Cacharreiros está organizado por A Moureira de Esmoriz e conta coa colaboración da Xunta de Galicia e da Deputación de Ourense.

0.14512085914612