Nogueira de Ramuín organiza este sábado un curso gratuíto de defensa persoal para mulleres

RibeiraSacraXa | OurenseXa
A actividade celebrarase no pavillón municipal de Luintra e contará con dous, un para mulleres de entre 15 e 45 anos e outro para aquelas de máis de 45
defensa persoal feminina recurso
2 Oct 2026

Nogueira de Ramuín organizará este sábado, 3 de outubro, un curso gratuíto de defensa persoal dirixido a mulleres e mozas a partir de 15 anos. A actividade desenvolverase no Pavillón Polideportivo Municipal de Luintra e será impartida por un monitor titulado especializado nesta disciplina.

O curso contará con dous grupos. O primeiro será de 10.00 a 14.00 horas e estará especialmente orientado a mozas de entre 15 e 45 anos. O segundo terá lugar de 16.00 a 20.00 horas e estará preferentemente dirixido a mulleres de 46 anos en diante.

A actividade terá prazas limitadas e a participación será gratuíta. As inscricións poden realizarse a través dos Servizos Sociais de Nogueira de Ramuín, no teléfono 608 520 110, tamén mediante WhatsApp.

0.16090106964111