Novos horarios nos autobuses na liña Ourense-Lugo a partir do luns

OurenseXa
Os axustes atenden a petición das persoas que se desprazan a diario por traballo, de xeito que os horarios se adaptan ás súas xornadas durante todo o ano
IMG_7081
IMG_7081
3 may 2024

A Xunta optimiza desde este luns 6 de maio os horarios de dous servizos de autobús entre Ourense e Lugo para axustalos ás necesidades de usuarios recorrentes do servizo.

Os cambios aprobados atenden a petición das persoas que se desprazan a diario entre Ourense e Lugo maioritariamente para acudir aos seus postos de traballo. Así, os novos horarios adáptanse con máis precisión á entrada e á saída das súas xornadas laborais ao longo de todo o ano, de xeito que variarán entre a tempada laboral de inverno e a tempada laboral de verán, que vai do 22 de xuño ao 10 de setembro.

A ida, na liña Lugo E.A.-Taboada-Ourense E.I., sairá de Ourense en tempada de inverno ás 5,50 horas e chegará a Lugo ás 07:20 horas. Durante o verán, o servizo manterá os horarios actuais, saíndo ás 06,15 horas e finalizando ás 07,45 horas.

A volta, na liña Lugo E.A.-Ourense E.I., sairá de Lugo ás15,00 horas no inverno e ás 14,45 horas no verán.

Os axustes horarios aprobados responden ao compromiso da Xunta de Galicia pola mellora continua dos servizos de transporte público interurbano, adaptándoos, na medida do posible, ás necesidades de mobilidade dos usuarios.