O alaricano José Luis Mascareñas presidirá un dos congresos máis prestixiosos no ámbito da química
O científico alaricano, José Luis Mascareñas, presidirá a 58º edición da Bürgenstock Conference, un dos congresos máis prestixiosos no ámbito da química a nivel internacional, que se celebrará do 4 ao 8 de maio en Suiza.
Mascareñas será o terceiro español en recibir este prestixioso recoñecemento que reúne ata catro premios Nobel na súa lista de presidentes. O Congreso é un referente no ámbito da Química, reunindo cada ano a científicos de máximo nivel.
José Luis Mascareñas ocupa actualmente o cargo de director científico do Centro de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares (CiQUS) e é catedrático da Universidade de Santiago de Compostela (USC) no departamento de Química Orgánica desde o ano 2015, a mesma universidade na que se doutorou fai máis de dúas décadas.
Durante a súa traxectoria profesional foi recoñecido con algúns dos galardóns máis prestixiosos no ámbito da Química, como o premio de Química Orgánica da Real Sociedade Española de Química (RSEQ) ou a Medalla de Oro concedida polo mesmo organismo. Dende o ano 2016 forma parte da Academia Europea das Ciencias e é o presidente fundador do grupo de química biológica da RSEQ.