O alumnado de FP do Colexio Valle Inclán repartirá un cento de tarxetas de Nadal entre os pacientes do CHUO

O Colexio Valle Inclán de Formación profesional entregou un cento de tarxetas de Nadal para repartir nas bandexas do almorzo dos pacientes ingresados no día de noiteboa ni hospital universitario de Ourense.
Esta iniciativa parte do servizo de humanización da área sanitaria e da mestra de pediatría do CHUO para que varios centros educativos da cidade participen cas súas mensaxes de ánimo e agarimo para os pacientes que permanecerán hospitalizados durante as datas de Nadal.
No acto estiveron a Directora do colexio Valle Inclán, Beatriz Pérez, e quince alumnos do centro de formación profesional que se desprazaron ao CHUO para facer a entrega so Xefe de cociña, Antonio pazos. No acto tamén estiveron presentes a Xefa de Servizo de Humanización da área sanitaria, Belen Piñeiro, e a Mestra de Pediatría, Vanesa González Lage.