O alumnado de Primaria do CEIP Padre Feijoo achégase ás tradicións da Festa do Boi

OurenseXa
Os nenos e nenas de 1º, 2º e 3º de Primaria participaron esta semana nunha serie de actividades para coñecer e afondar na historia desta celebración de forma didáctica
alumnado-allariz-taller-festa-do-boi
5 Jun 2026

Os nenos e nenas de 1º, 2º e 3º de Primaria participaron esta semana nunha serie de actividades para coñecer e afondar na historia desta celebración de forma didáctica

O alumnado de 1º, 2º e 3º de Primaria do CEIP Padre Feijoo participou esta semana nunha serie de actividades didácticas promovidas pola Área de Cultura co obxectivo de achegar ás crianzas á historia e ás tradicións da Festa do Boi.

Os nenos e nenas de 1º de Primaria tiveron a oportunidade de coñecer esta celebración a través dun teatro de monicreques adaptado á súa idade, unha proposta lúdica que lles permitiu comprender as orixes da festa dunha maneira entretida e participativa.

Pola súa banda, o alumnado de 2º e 3º de Primaria afondou nas raíces históricas da Festa do Boi mediante a lectura e traballo cos libros de Os Bolechas. Ademais, participaron nun obradoiro creativo no que elaboraron un pin inspirado no boi, fomentando así a súa imaxinación e participación activa.

Esta iniciativa contribuíu a que os máis pequenos e pequenas se acheguen a unha das celebracións máis representativas da vila, ao tempo que se promove o coñecemento e a posta en valor do patrimonio cultural inmaterial.

0.13719797134399