O alumnado do IES Allariz organiza a III Carreira-Andaina Solidaria do centro

OurenseXa
A actividade, con fins benéficos, celebrouse con motivo do Día da Educación Física na rúa
allariz_andaina_carreira_solidaria
III Carreira-Andaina Solidaria do IES Allariz
18 abr 2024
O IES Allariz organizou, con motivo do Día da Educación física na rúa que se celebrou este mércores 17 de abril, a III Carreira-Andaina Solidaria deste centro. Na actividade, con fins benéficos, tamén participaron alumnos e alumnas do CEIP Padre Feijoo e do CEIP Padre Crespo.
Todo o recadado nesta terceira edición irá destinado á asociación ACNUR, a Axencia da ONU para os refuxiados, que ten como fin principal protexer ás persgas obrigadas de fuxir dos seus fogares debido ao conflictos bélicos.