O alumnado dos obradoiros de baile de Amoeiro participou no acto de clausura do curso do Centro Social Pontepelamios

O alumnado dos obradoiros municipais de baile do Concello de Amoeiro participou no acto de clausura do curso 2025/2026 do C.S.C. Pontepelamios, unha cita que reuniu diferentes actividades e propostas artísticas baixo o lema "Tecendo comunidade: os fíos que nos unen".
O evento celebrouse o pasado xoves 18 de xuño nas instalacións do Liceo de Ourense, onde as participantes das actividades de zumba e mantemento ofreceron unha exhibición artística dentro da programación prevista para a xornada.
A participación do grupo de Amoeiro foi posible grazas á invitación realizada pola directora do C.S.C. Pontepelamios, María Carmen González Rodríguez.
Desde a organización trasladouse tamén un recoñecemento ás participantes pola súa implicación e pola súa presenza nesta actividade de peche de curso.