O Apalpador visita esta tarde aos nenos e nenas de Barbadás

OurenseXa
Percorrerá ás rúas do concello a partir das 18.00 horas
apalpador-barbadás
27 Dec 2024

O Apalpador chega este venres, 27 de decembro, a Barbadás. Ás 18.00 horas, o Apalpador estará no Poboado de Nadal, situado na glorieta da Familia, e dende aí fará un percorrido pola avenida de Celanova, acompañado de música tradicional. Os nenos e nenas do concello poderán saudalo e facerlle as súas petición.

Segundo a tradición, o Apalpador vive na montaña e o seu oficio é carboeiro. É forte e grande, usa boina, unha chaqueta vella e remendada, fuma en pipa e aliméntase con abruños salvaxes e da carne de xabaril que caza no monte. Esa é máis ou menos a imaxe que lembra a xente maior a partir das historias que lles contaban os seus avós.

0.060716867446899