O Ateneo de Ourense acolle unha conferencia da investigadora Beatriz Mouriño

OurenseXa
Beatriz Mouriño é unha das figuras máis relevantes no campo da investigación e a docencia da Oceanografía galega
Bea_Mourino
Beatriz Mouriño
Redacción Ourensexa
25 abr 2024

O Ateneo de Ourense organiza este venres, 26 de abril, unha conferencia dunha das figuras máis relevantes no campo da investigación e docencia da Oceanografía galega.

Beatriz Mouriño é investigadora do grupo de Oceanografía Biolóxica do CIM-UVigo e profesora no Departamento de Ecoloxía e Bioloxía Animal da Universidade de Vigo. Neste encontro falaranos do seu estudo sobre como a bioturbulencia xerada polos peixes pode contribuír á mestura e distribución de propiedades nas augas costeiras.

Este estudo recibiu no 2023 un dos dez premios IG Nobel, na categoría de Física. Estes premios seleccionan anualmente artigos científicos serios e rigorosos, que primeiro fan rir e logo fan pensar.