O Ateneo de Ourense organiza unha conferencia sobre “Os Artistiñas” no Marcos Valcárcel

OurenseXa
Será este venres e abordará a orixe e evolución do grupo Volter, xurdido en Ourense en 1963 e integrado inicialmente polos pintores Xaime Quesada e Xosé Luís de Dios, xunto co escultor Acisclo Manzano
conferencia-artistiñas-ourense
27 May 2026

O Ateneo de Ourense organiza unha conferencia do profesor Ángel Domínguez López, centrada no grupo artístico coñecido como “Os Artistiñas”, que contará coa presentación da doutora Isabel Valencia González. O encontro terá lugar o venres 29 de maio de 2026, ás 19:00 horas, no salón de actos da sede provisional do Ateneo, situada no Centro Cultural Marcos Valcárcel.

O relatorio abordará a orixe e evolución do grupo Volter, xurdido en Ourense en 1963 e integrado inicialmente polos pintores Xaime Quesada e Xosé Luís de Dios, xunto co escultor Acisclo Manzano. Estes creadores, coñecidos como “artistiñas”, adoitaban reunirse na taberna do Tucho, nun ambiente no que tamén participaba Vicente Risco, quen lles achegaba referencias ás vangardas europeas como o cubismo e o dadaísmo.

Co paso dos anos, incorporáronse novos artistas como Manolo de “Buciños”, Arturo Baltar, Virxilio e Xabier Pousa, conformando o denominado grupo dos Sete Artistas Galegos. Esta xeración contribuíu a impulsar unha renovación cultural nas artes nun contexto histórico complexo, chegando a situar Ourense como referente cultural coñecido como a “Atenas de Galicia”.

0.10327696800232