O Ateneo de Ourense presenta o libro ‘Arredor do Ferruxo’, adicado á memoria das vítimas do franquismo en Tui

OurenseXa
A obra, escrita polo xornalista Fernando Salgado, reúne testemuños, crónicas e poemas arredor da figura de Manuel Vázquez de la Cruz, coñecido como “O Ferruxo”
'Arredor do ferruxo' libro
9 Nov 2026

O Ateneo de Ourense, en colaboración coa asociación “Amigos da República”, presentará o libro ‘Arredor do Ferruxo’, unha obra asinada polo xornalista e escritor Fernando Salgado que rende homenaxe á figura de Manuel Vázquez de la Cruz, alcumado “O Ferruxo”.

Vázquez de la Cruz foi un escritor e colaborador de prensa de Tui que se significou como activista histórico, dedicando boa parte da súa vida a recuperar e dar a coñecer historias esquecidas de persoas que sufriron represión durante o franquismo.

Neste libro, Fernando Salgado constrúe unha especie de mosaico colectivo no que participan vinte e sete persoas, que achegan as súas propias historias, crónicas e poemas. Todos eses textos comparten un fío común: o rexeitamento da guerra e a esixencia da xustiza social.

A presentación terá lugar o vindeiro xoves, 12 de novembro de 2026, ás 19.00 horas, na sede provisional do Ateneo, situada no Centro Cultural Marcos Valcárcel, na rúa do Progreso, número 30, en Ourense.

0.1505298614502