O Auditorio de Coles publica a súa programación para o mes de abril

OurenseXa
Os programación de concertos no Auditorio de Coles comezará o sábado 13 de abril coa actuación de Besbellos Recover
Casa_do_concello_de_coles
Casa do Concello de Coles
27 mar 2024

O Concello de Coles vén de publicar a programación de concertos do Auditorio para o mes de abril.

A primeira das actuacións chegará o sábado, 13 de abril, ás 20.30 horas, da man de Besbellos Recover.  O seguinte concerto será o de Tandub Atlanticides, o sábado, 20 de abril, ás 20.30 horas.

Por último, o broche final do mes de abril estará a cargo do grupo Camachuelos & Johnsons, que actuará o sábado, 27 de marzo, á mesma hora que os anteriores.