O autobús da formación dixital fará parada en Pereiro de Aguiar para achegar a tecnoloxía ás persoas maiores

OurenseXa
O vehículo instalarase na Praza do Concello durante a tarde deste martes
autobus-formacion-pereiro
18 May 2026

Pereiro de Aguiar acollerá este martes, 19 de maio, unha iniciativa destinada a promover a formación dixital entre as persoas maiores do municipio. Trátase dun autobús especializado impulsado pola Xunta de Galicia que percorrerá diferentes localidades galegas para dar a coñecer os cursos e actividades formativas vinculadas ás novas tecnoloxías.

A proposta busca facilitar o acceso á aprendizaxe dixital e reducir a fenda tecnolóxica, especialmente entre os colectivos de maior idade, nun contexto no que o uso das ferramentas dixitais está cada vez máis presente na vida diaria.

O vehículo instalarase na Praza do Concello e permanecerá aberto ao público en horario de tarde, entre as 14.00 e as 20.00 horas.

0.13305115699768