O autor Xavier García presentará este mércores en Ourense o seu libro China, ameaça ou esperanza?

OurenseXa
A actividade, organizada pola Agrupación Cultural Auriense, contará tamén coa presenza do avogado e activista ourensán Fernando Blanco.
presentacion-xavier-garcia-china-auriense
14 Apr 2026

A Agrupación Cultural Auriense organiza este mércores, 15 de abril, a presentación do libro China, ameaça ou esperanza?, que terá lugar no Café Cultural Auriense a partir das 20:00 horas.

O acto contará coa presenza do autor da obra, Xavier García, e será presentado polo avogado e activista ourensán Fernando Blanco.

O libro aborda a transformación da China nas últimas catro décadas, un proceso que o autor describe como de gran magnitude e con escasa presenza, segundo sinala, nos medios de comunicación occidentais. Na súa análise destácase o crecemento económico do país asiático, o seu avance nas enerxías renovables e as políticas orientadas á redución das desigualdades sociais.

Así mesmo, a obra reflexiona sobre a percepción internacional da China e o papel que desempeña no actual contexto global, formulando a necesidade dun coñecemento máis profundo da súa realidade contemporánea para comprender a súa influencia na orde mundial.

0.12111210823059