O Banco Alimentos inicia unha recollida solidaria en Maceda

OurenseXa
A campaña estará activa durante os meses de xullo e agosto nos puntos habilitados no Concello e na libraría Alicia
banco alimentos xenérica
6 Jun 2026

O Banco de Alimentos iniciou o pasado 1 de xuño en Maceda unha campaña de recollida solidaria de alimentos que se manterá activa durante os meses de xullo e agosto. A iniciativa conta con puntos de recollida habilitados no Concello de Maceda e na Librería Alicia, onde a veciñanza pode achegar alimentos para colaborar coa campaña.

O obxectivo desta acción é apoiar a recollida de produtos destinados a familias con dificultades económicas, especialmente durante o verán, cando o peche dos comedores escolares pode supoñer unha complicación adicional para cubrir as necesidades alimentarias dos nenos e nenas.

0.1302170753479