O BNG de Celanova-Baixa Limia presenta os actos con motivo do Día da Patria 2026

OurenseXa
O programa inclúe unha actividade pola vila de Celanova o 19 de xullo e a asistencia á manifestación nacional convocada en Santiago de Compostela o 25 de xullo
bng-celanova-actos-dia-da-patria
14 Jul 2026

O BNG da comarca de Celanova-Baixa Limia deu a coñecer este martes a programación organizada con motivo do Día da Patria 2026. Na presentación participaron a responsable comarcal da formación, Ernesta Seoane, xunto aos militantes Alfonso Grande e David Dorado.

Entre as actividades previstas figura un roteiro pola vila de Celanova, que terá lugar o domingo 19 de xullo. A saída está fixada para as 10.30 horas desde a Casa dos Poetas e o percorrido rematará ás 12.00 horas na praza Cervantes, onde Sol Agra, responsábel de Lingua do Consello Nacional do BNG, será a encargada de dar lectura ao manifesto político.

A formación nacionalista anima tamén á veciñanza da comarca a participar na manifestación nacional do Día da Patria, convocada para o 25 de xullo en Santiago de Compostela. A mobilización partirá ás 12.00 horas da Alameda baixo o lema “Somos unha nación, soberanía e dereitos nun mundo en paz”.

0.13009095191956