O BNG de Coles nega ter algo que ver cos danos causados no vehículo do alcalde

OurenseXa
Aseguran non ter nada que ver cos feitos denunciados
Casa_do_concello_de_coles
20 Jan 2025

O BNG de Coles nega calquera relación co incidente denunciado durante o Nadal polo alcalde de Coles, Manuel Rodríguez, que denunciou que unha persoa, á que identifica como “un integrante nas listas do BNG nas eleccións de 2023”, pinchoulle unha roda á saída do pavillón municipal de Albán.

“Ante a información publicada polo diario La Región o pasado venres día 17 de xaneiro, na que se indicaba que unha persoa integrante da candidatura do BNG de Coles nas eleccións municipais do 27 de maio de 2023”, comenzan explicando os nacionalistas nun comunicado, “o BNG de Coles rexeita de forma contundente calquera forma de violencia directa ou indirecta a persoas ou bens, entendendo que é o debate político e ideolóxico o camiño para defender os intereses das veciñas e veciños”.

Os nacionalistas aseguran que “o BNG de Coles non ten absolutamente nada que ver cos feitos denunciados” e que, en todo caso, amósanse contundentes “na defensa da presunción de inocencia, sendo os tribunais os que diriman, se as houbera, as posibles responsabilidades individuais”.

Insisten en que os feitos nada teñen que ver coa súa organización e que, de demostrarse certos, “quedarían no ámbito da responsabilidade individual e nada terían que ver co BNG de Coles”. Por último, os nacionalistas acusan ao alcalde de trasladar ao ámbito político un problema que consideran “de ámbito persoal”.

0.1514880657196