O BNG de Ourense alerta do peche da Oficina de Rehabilitación
O BNG xa denunciara o traslado da Oficina de Rehabilitación á Concellería de Urbanismo o pasado 17 de febreiro de 2023, a día de hoxe a situación empeora, xa que na modificación da RPT non está contemplado ningún posto de traballo para a esta oficina.
A formación nacionalista leva dende hai moito tempo denunciando o desmantelamento da Oficina de Rehabilitación, oficina que dende o seu traslado tiña aos seu persoal traballador realizando labores que nada tiñan que ver con esta área.
“Agora as dúbidas que nós tiñamos a respecto do desmantelamento, concrétanse coa proposta que se fai da modificación da RPT que vai a debate o día 14” declara Luís Seara, “no organigrama non aparece nada relativo a Oficina de Rehabilitación, mesmo cando a propia Lei indica que esta deberá contar con todos os medios materias e persoais adecuados para poder desenvolver a súa actividade. Isto, lamentablemente, é a constatación do que nós víñamos avisando”
O BNG insiste na importancia que ten a Oficina de Rehabilitación para unha cidade como Ourense, na que a zona histórica “está caendo a pedazos”, o portavoz muncipal do bloque tamén lembra o papel fundalmental que tivo esta oficina a hora de desenvolver programas como os ARIS, a recuperación do núcleo de Seixalbo, ou a captación de subvencións para a rehabilitación e adaptación de viviendas.
Dende a formación nacionalista preguntámonos porque o alcalde solicitou a declaración da Área Rexurbe a sabendas de que non vai ter Oficina de Rehabilitación e a onde van ir os máis de oitocentos mil euros que o Concello destinara para a suposta rehabilitación dun edificio para que albergara esta oficina.
"Dende o BNG seguiremos loitando para que Ourense teña unha Oficina de Rehabilitación que conte con todos os medios precisos para poder realizar as súas actividades e instamos ao Goberno Local a que modifique a RPT incluíndo os postos de traballadores para esta oficina", remana.