O BNG de Pereiro de Aguiar critica os orzamentos de 2024 por "continuistas e con escaso gasto social"

OurenseXa
Segundo o Portavoz nacionalista Rubén García, “as escasas partidas para rehabilitación e para o alugueiro de vivendas, para emerxencia social ou as axudas á compra de libros de texto, son algúns exemplos do escaso contido social duns orzamentos que non respostan á situación e ás necesidades reais da veciñanza do Pereiro”
casa-do-concello-pereiro-de-aguiar
Concello de Pereiro de Aguiar
2 May 2024

O pasado luns 29 de abril, o Concello do Pereiro de Aguiar aprobaba os orzamentos para o presente ano 2024, os cales ascenden a preto de 6.815.000 de euros, co voto en contra do BNG.

O seu Portavoz municipal Rubén García xustifica a decisión de non aprobar as contas municipais polo feito de “estar diante dun orzamento continuísta e que mantén un exiguo gasto social e faino nun momento de suba xeralizada dos prezos e no que as familias vense profundamente afectadas”.

Segundo García, “as escasas partidas en rehabilitación ou para o alugueiro de vivendas con 10.000 euros, os apenas 3.000 euros para emerxencia social ou para as axudas á compra de libros de texto son algúns exemplos do escaso contido social dun orzamento que non resposta á situación e ás necesidades reais da veciñanza do Pereiro”.

Desde o BNG entenden que “é o momento de axudar ás familias, de aumentar o gasto social minorando o excesivo gasto corrente que volve ser unha das partidas mais cuantiosas pero sen que ese feito repercuta nunha mellora dos servizos públicos esenciais que presta o Concello e ao contrario do que pretende trasladar o actual equipo de Goberno con continua propaganda e publicidade”.

Outro dos cuestionamentos do BNG aos orzamentos recentemente aprobados ten que ver coa partida de investimentos xa que, segundo sinalan, “dun montante total de algo máis de 6,8 millóns de euros, apenas se adican 160.000 euros a infraestrutura nova, deixando o resto das partidas de inversión para renovacións ou mantementos, sen que proxectos necesarios como é o de construir un auditorio ou unha Casa da Cultura podan realizarse pese a poder empregar parte do remanente de tesouraría do exercicio pasado e do actual para tal fin”.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18705606460571