O BNG de Xunqueira propón cambiar o nome da Bibliioteca Muncipal a ‘Biblioteca Celsa García Gómez’
OurenseXa
Ademais, instan ao goberno municipal a instalar unha placa conmemorativa e organizar un acto de homenaxe para celebrar o compromiso e dedicación de Celsa García Gómez á cultura neste concedo
Sonia Vidal Lamas e Vanessa Díaz Meno
24 Out 2024
Con motivo da celebración do Día das Bibliotecas, que se celebra este xoves, 24 de outubro, o BNG de Xunqueira de Ambía vén de rexistrar unha moción que será debatida no vindeiro Pleno para denominar á Biblioteca Municipal como ‘Biblioteca Celsa García Gómez’ “en recoñecemento ao seu labor durante 40 anos como persoa referente na difusión e acceso á cultura neste concello”.
Así mesmo, instan ao goberno municipal a instalar unha placa conmemorativa e organizar un acto de homenaxe para celebrar o compromiso e dedicación de Celsa García Gómez, “que converteu a nosa biblioteca nun espazo de encontro e aprendizaxe polo que, nun momento ou outro, pasamos todas e todos”.