O BNG esixe á Xunta que dea marcha atrás na súa decisión para o CAPD de Ourense sexa de xestión pública e directa
O grupo provincial do BNG manifestou a súa desconformidade coa decisión do PP de discriminar a Ourense ao deixar a esta provincia sen un CAPD público e de xestión pública e directa pola Xunta como leva esixindo a Plataforma PRO CAPD de Ourense desde que se constituíra en 2016 para esixir a construción dun CAPD en Ourense público e de Xestión pública e directa.
Desde a organización nacionalista avanzan que se poñen a disposición das familias e da plataforma para tomar cantan acción consideren para reverter a decisión da Xunta de Galiza e acadar o que fai menos dunha semana se acordaba por unanimidade no pleno da Deputación de Ourense, o CAPD público e de xestión pública e directa para Ourense que a plataforma PROCAPD OURENSE, promovida por nais e pais, leva demandando desde a súa constitución en 2016.
“Sorprender xa non nós sorprende, pero isto o que indica é a escasa catadura moral do Partido Popular” así o sinalaba o deputado provincial do BNG, Xosé Manuel Puga, durante a rolda de prensa desta mesma maña. Para o representante do BNG na Deputación é evidente que a decisión da Xunta non se tomou en menos dunha semana “esta decisión tíñaa tomada o Partido Popular desde fai tempo, algo que sospeitabamos” indicaba Puga, que continuou sinalando que é “dunha baixa catadura moral apoiar unha moción conxunta cando eran plenamente conscientes que o resultado ía ser a traizón á cidadanía de Ourense” e “notábaselles nas caras”, sentenciaba o deputado nacionalista.”
Por outra banda, remarcaba o deputado nacionalista “isto é unha nova traizón a Ourense do PP”. Xosé Manuel Puga preguntábase, en que lugar deixa á Luís Menor e ao Partido Popular de Ourense esta decisión da Consellería de Política Social? Que pinta o Partido Popular de Ourense no goberno da Xunta de Galiza?. E máis importante, por que Ourense non pode ter a mesma situación que as outras tres provincias?
Desde a organización nacionalista mandan unha mensaxe clara ás familias e á plataforma, “nós seguimos coa mesma posición que levamos todos estes anos e que é a que manifestamos con total rotundidade no pleno da Deputación de Ourense do 20 de decembro” declarou Puga, que especificaba “xestión pública e directa por parte da Xunta de Galiza, igual que nas outras provincias galegas”. Remataba dicindo que se poñen desde o BNG á enteira disposición das nais e pais e da Plataforma ProCapd para reverter a decisión da Xunta de Galiza.