O BNG lamenta que ADIF e o Concello de Ourense dean as costas á veciñanza de Peliquín co paso a nivel

OurenseXa
A formación nacionalista sinala que tanto ADIF como o Concello de Ourense condenan á veciñanza de Peliquín ao illamento
Luis Seara, portavoz do BNG no Concello de Ourense
19 Ago 2024

Desde o BNG sinalan que vén de saír publicado o proxecto de expropiación para o paso a nivel de Peliquín que, tamén consta que o proceso de licitación deste proxecto vai moi adiantado por parte de ADIF, a formación nacionalista afirma que esta proposta é “facer un muro de formigón de máis de sete metros de alto” e que “vai deixar absolutamente illada á veciñanza de Peliquín”.

O portavoz nacionalista, Luís Seara sinala que “este proxecto é unha barbaridade, sobre todo tendo en conta que hai alternativas mellores ” dentro destas alternativas fai fincapé en “alternativas mellores e viables como as que formula a propia veciñanza: un paso soterrado para peóns e vehículos”

O BNG sinala que “está farto de proxectos low cost para Ourense”, as nacionalistas afirman que “non se nos dan alternativas como si se dan noutros lugares nos que si acometen obras de paso soterrado e non obrigan á construcción dun muro”.

Un muro que, afirma o portavoz nacionalista “vai ter que ir acompañado dun ascensor e cuxo mantemento vai ter que ser competencia do Concello de Ourense”, un Concello que por outra banda, afirma Luís Seara “deu as costas á veciñanza desde o primeiro momento, validando o proxecto e non escoitando as reclamación das veciñas que son as que, de facto, van sufrir as consecuencias desta obra”.

O portavoz nacionalista sinala tamén que desde o Concello de Ourense “son os primeiros en dicir que se fan os peores proxectos para Ourense desde otras administración mais neste caso tamén foron os primeiros en non pensar na cidade, en aceptar un proxecto daniño para a veciñanza e para a cidade”

Por último, a formación nacionalista lamenta a situación actual de desprotección para a veciñanza de Peliquín e insta a que o gobernó local “faga o seu traballo e pidan unha reformulación do proxecto, non podemos agardar a ver construido ese muro para que se dean conta de que é unha mala solución para a cidade e para a veciñanza de Peliquín”

0.14827299118042