O BNG logra o apoio da Deputación de Ourense para pedir á Xunta un mellor servizo de transporte público na comarca de Celanova

A Deputación demandará á Xunta o aumento das frecuencias diarias entre Ourense, Celanova e Bande e adaptación dos horarios ás necesidades dos usuarios
Xosé Manuel Puga, Bernardo Varela, María Mangana
Xosé Manuel Puga, Bernardo Varela e María Mangana
21 Dec 2024

O grupo provincial do BNG acadou o respaldo de todos o grupos políticos con representación na deputación de Ourense para que o ente provincial reclame da Xunta de Galiza a modificación da situación actual do transporte público para as comarcas de Celanova e Baixa Limia.

O grupo nacionalista consegue que a Deputación demande o aumento das frecuencias diarias entre Ourense, Celanova e Bande e adaptación dos horarios ás necesidades dos usuarios, en base ás propostas que acorden alcaldes e alcaldesas da comarca. Un acordo que foi consensuado no propio pleno por unha achega do Partido Popular que insistiu que se tivesen en conta as propostas das administracións locais afectadas á hora de facer as adaptacións necesarias.

Tamén se acordou por unanimidade demandar a creación reforzos de frecuencias os venres e domingos pola tarde, no dobre sentido Bande-Ourense, ao se producir nos últimos anos un aumento de demanda de estudantes e traballadores que se desprazan dende Ourense na fin de semana.

Tamén foi obxecto de acordo a creación de servizos os días festivos, xa que na actualidade non existe ningún servizo. E por último, tamén se acordou a mellora das redes intermunicipais e as súas conexións coas cabeceiras de comarca, especialmente en época non escolar que permitan á poboación facer uso doutras liñas principais cara Ourense.

0.16719007492065