O BNG pide a ADIF unha data "fiable e concreta" para a reapertura da liña entre Ourense e Monforte

SarriaXa | RibeiraSacraXa | OurenseXa
Os últimos problemas no túnel de Oural, no que as chuvias recentes causaron a entrada de auga e o derrubamento da trincheira, retrasarán a apertura da liña polo menos ata finais de ano
Cale túnel Oural
14 Oct 2024

Hai preto de dous anos, en novembro de 2022, a liña entre Ourense, Monforte e Lugo pechaba ao tráfico ferroviario debido ás obras de mellora e modernización deste treito. Os traballos tiñan previsto inicialmente rematar en xullo de 2023, pero a decisión de aumentar as dimesións dos trece túneles do treito que discorre entre Ourense e Monforte fixo que as obra retrasáranse máis dun ano debido, entre outros factores, á complicada orografía do terreo.

Nunha resposta de Adif ao BNG de xuño de 2024 sinalábase que “a maioría das obras estaban na fase final” e apuntábase aos “danos causados pola climatoloxía invernal” entre Santo Estevo do Sil e Os Peares como o factor que estaba a retrasar a apertura do servizo desta conexión a “finais de setembro” cando estaba prevista para abril.

Porén, a liña continúa cortada e Adif acaba de indicar que non é posible a súa reapertura neste outono, producíndose un novo retraso. Os últimos problemas, segundo ten transcendido, téñense producido no novo túnel de Oural, no que as chuvias recentes causaron a entrada de auga e o derrubamento da trincheira. Segundo as novas previsións, a reapertura retrasaríase ata finais de ano.

Debido a esta situación, do deputado do Bloque Nacionalista Galego, Néstor Rego, adscrito ao Grupo Parlamentario Mixto, pide ao Ministerio de Transportes que aclare se se van a producir novos retrasos nos traballos e pide a Adif unha data "fiable e concreta" para a reapertura da liña. Ademais, os nacionalistas piden tamén que aclare cales foron os motivos concretos deste novo retraso e a razón de que non fose posible arranxar os problemas derivados da climatoloxía e derrubamentos na zona dos Peares.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18555307388306