O BNG pide a Jácome que retome as negociacións coa Xunta e reconsidere a súa postura coa Praza de Abastos

OurenseXa
O Grupo municipal do BNG aboga polo entendemento entre administracións para desbloquear a situación, abordar as reformas precisas e garantir un rápido e efectivo traslado das praceiras e praceiros
Luis-seara-bng-ourense
Luis Seara
14 Apr 2025

O Goberno local do Concello de Ourense aprobou o pasado xoves en Xunta de Goberno Local e así llo notificou este venres aos interesados, a orde de desafiuzamento das praceiras e praceiros do espazo que ocupan actualmente na alameda.

Desde o Grupo municipal do BNG abogan unha vez máis pola necesidade de que “Jácome recapacite, reconsidere a súa postura, volva á mesa coa Xunta e acepte a man tendida que se lle está a ofrecer desde o Goberno galego”.

Luís Seara, Portavoz dos nacionalistas sinala que “cómpre que o traslado das praceiras e praceiros ao edificio rehabilitado se faga nas mellores condicións” e engade, “non podemos permitirnos como sociedade perder máis de 240 postos de traballo directos ademais dun modelo de comercio baseado na proximidade e no produto de calidade e de quilómetro cero”.
Seara aclara que a día de hoxe “as Prazas de Abastos son aparte de dinamizadores socio-económicos, importantes atraíntes turísticos polo que temos que facer o posíbel para que as praceiras e praceiros podan desenvolver a súa actividade coa maior dignidade e nas mellores condicións”.

Desde o BNG teñen claro que “non se pode condenar á sociedade de Ourense a ter que vivir unha situación enquistada e coa alameda ocupada por moito máis tempo. É responsabilidade de todas e todos pero especialmente do Alcalde, facer o posíbel para que todas e todos gañemos”.

⚙ Configurar cookies
0.16552019119263