O BNG pide explicacións á Deputación ante os retrasos na programación no Teatro Principal

OurenseXa
Piden coñecer “se a presentación irregular da programación  pode supor un risco para a chegada de obras e axudas concedidas por outras administración”
Xosé Manuel Puga, Concelleiro do BNG no Concello de Ourense
Xosé Manuel Puga
22 Jan 2025

O grupo provincial do BNG traslada á Deputación de Ourense a falta de planificación do teatro principal para o 2025, e demandan explicacións á presidencia polos atrasos na xestión das obras, dos prezos, dos abonos e das posibles consecuencias por un feito que xera inestabilidade.

A programación do Teatro Principal caracterizada pola súa regularidade viuse alterada por atrancos que até o día de hoxe aínda non se atopan subsanados, sinalaba Xose Manuel Puga, en referencia a venda de abonos que aínda non saíron á venda.

A data de posta a venda do abonos semestrais comunicábanse en novembro, antes da presentación da programación do primeiro semestre do ano e que cadraba en decembro, podendo adquirir estes abonos antes de rematar o ano. Porén desta volta os abonos semestrais non se puxeron aínda á venda, a pesar de comunicarse a súa posta venda no día de onte, 20 de xaneiro, e xa se representaron dúas prezas teatrais no Principal. Para a organización nacionalista aínda cabe preguntar por que non todos os que suscribiron a tempada anterior non foron notificados dos novos prazos.

Desde o BNG tamén demandamos coñecer, afirma Puga,  se a presentación irregular da programación  pode supor un risco para a chegada de obras e axudas concedidas por outras administracións, que empregan a regularidade como elemento para seleccionar espazos escénicos e que poidan acceder á axudas.

Ao logo deste mes foron aparecendo as obras, que completarían o catálogo de obras até xuño, e aínda despois os prezos de ditas obras, o que  amosa un importante  grado de improvisación.

Unha improvisación que preocupa por se se vai estender no tempo e se a situación pode mesmo repetirse na segunda parte do exercicio e que a presentación da carteleira en vez de presentarse despois das vacacións de verán volte ter un retraso de máis dun mes como aconteceu desta volta.

 

0.18038296699524