O BNG presenta alegacións ao anteproxecto de Concepción Arenal

OurenseXa
A formación nacionalista pide que os informes sexan favorables antes da súa exposición pública
Plaza de Concepción Arenal, Ourense
12 Ago 2024

O BNG pide a retirada da exposición pública do anteproxecto de peonalización da Praza Concepción Arenal, publicado o pasado 9 de xullo, ata ter os informes perceptivos favorables.

O BNG sinala que no mesmo expediente consta que existen informes desfavorables do servizo de augas e do servizo eléctrico, que poñen en evidencia deficiencias que non foron subsanadas neste novo anteproxecto presentado. Dende a formación nacionalista entenden como ensencial que o expediente estea correctamente conformado cos percetivos informes favorables antes da súa exposición pública, tamén resaltan a ausencia de informes da Confederación Hidrográfica, da Policía Local e dos bombeiros, informes que o Bloque Nacionalista Galego considera necesarios por como se deseña o proxecto. No propio expediente consta que un informe desfavorable da Hidrográfica pode acabar con este proxecto.

Luís Seara relata tamén que “é un despropósito que na futura concesión da auga haxa apenas investimento para obra nova de sanemamento e abastecemento tendo en conta todas as necesidades que a día de hoxe existen neses dous ámbitos, e que pola contra un terzo da concesión sexa para unha obra civil da construcción dun aparcadoiro soterrado que non ten absolutamente nada a ver” o portavoz nacionalista insiste en que "isto denota o escaso interese que o concello ten en cuestións de infraestrutura básica, a pesares de ser unha obriga para o Concello”

Dende o BNG agardan que, dadas as incongruencias presentadas neste anteproxecto e a importancia do mesmo de cara á propia licitación do saneamento e abastecemento de augas, as súas alegacións sexan estimadas, instando a que ambos expedientes non sexan codependentes e que o Goberno Local proceda á licitación do servizo de saneamento e abastecemento na que se inclúa o tanque de tormentas e a que inicie a tramitación dun expediente de obra para a peonalización de Concepción Arenal cos informes perceptivos favorables.

0.21160507202148