O campus de Ourense acolle o 2º Simposio Iberoamericano de Blockchain e Ciberseguridade,

OurenseXa
O evento céntrase nas experiencias de aplicación e transferencia de blockchain e ciberseguridade na industria
campus-de-ourense-rrii
Imaxe do Campus de Ourense
29 Out 2024

A Escola Superior de Enxeñaría Informática (ESEI) do campus de Ourense está a acoller a celebración do 2º Simposio Iberoamericano de Blockchain e Ciberseguridade, centrado nas Experiencias de aplicación e transferencia de blockchain e ciberseguridade na industria.

A cita está organizada pola Red Iberoamericana de Blockchain y Ciberseguridad (Ribci), vinculada ao Programa Iberoamericano de Ciencia y Tecnología para el Desarrollo (Cytec), que está formada por 26 grupos de once países, entre eles un equipo da Universidade de Vigo encabezado por Manuel Pérez Cota desde a ESEI.

Os obxectivos do simposio, sinalan desde a uniiversidade son “crear un espazo para o intercambio de ideas e coñecementos entre especialistas e participantes e promover o diálogo intersectorial sobre o impacto e as aplicacións da tecnoloxía blockchain, tecnoloxía baseada nunha cadea de bloques de operacións descentralizada e pública”. Ademais, aborda os desafíos actuáis en ciberseguridade e análise forense dixital e explorar as oportunidades de colaboración entre a academia, a industria e os formuladores de políticas.

0.19954204559326