O Campus de Ourense lidera un proxecto para loitar contra as pragas de nematodos nas patacas

OurenseXa
Os resultados amosan que o uso dunha planta “trampa”, a Solanum sisymbriifolium, pode contribuír a duplicar a marxe de beneficios por hectárea dos cultivos aumentando a súa produción ata nun 21%
Plantación de patacas
16 Jul 2024

Un proxecto liderado desde a Facultade de Ciencias do campus de Ourense e o Instituto de Agroecoloxía e Alimentación da Universidade de Vigo por David Fernández Calviño e Manuel Arias,  estuda o uso de plantas “trampa” para loitar contra as pragas de nematodos nas patacas.

Desde 2022, un grupo de investigación multidisciplinar da Universidade de Vigo está a desenvolver este proxecto, chamado ReNaturAgri, que está centrado na loita contra este tipo de pragas a través de estratexias baseadas na natureza.

Entre os resultados xa obtidos, destacan desde a UVigo, están que o uso dunha planta “trampa”, a Solanum sisymbriifolium, pode contribuír a duplicar a marxe de beneficios por hectárea dos cultivos aumentando a súa produción ata nun 21%.

O proxecto conta cun financiamento de 253.000 euros da convocatoria de Proxectos de Transición Ecolóxica e Transición Dixital, do Ministerio de Ciencia e Innovación, con fondos NextGenerationEU.

 

0.16926288604736