O Campus de Ourense pon en valor a loita contra a violencia machista no ámbito dixital

OurenseXa
O persoal universitario conmemorou o 25N baixo o lema ‘Mirada á fronte: que a vergoña mude de bando’
25n-campus-ourense
Xornada ‘Dixitalización do sistema prostitucional: transformación e deslocalización’
26 Nov 2024

O Campus de Ourense conmemorou este ano o 25N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, baixo o lema ‘Mirada á fronte: que a vergoña mude de bando’, e co foco posto na translación da violencia machista ao ámbito dixital.

O acto institucional tivo lugar este, 25 de novembro, na Facultade de Educación e Traballo Social do campus de Ourense, cunha xornada titulada ‘Dixitalización do sistema prostitucional: transformación e deslocalización’, un evento organizado polo Grupo de investigación Saúde, Sexualidade e Xénero (PT1) e a Unidade de Igualdade e conta con financiamento da Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero e a Xunta de Galicia. A xornada abordou, entre outros temas, a explotación sexual das mulleres no universo dixital.

A programación continuará o día 27, cunha conferencia sobre a ficción do consentimento sexual, de Rosa Cobo (Universidade da Coruña e presidenta da Rede Académica Internacional de Estudos sobre Prostitución e Pornografía) e a inauguración da exposición Compartir es vivir/sharing is living. Compromiso- educación-transformación.

Tamén haberá unha mesa redonda sobre o negocio do sexo nos novos espazos dixitais: Onlyfans e Sugar Daddy, na que participarán a Federación de Mulleres Xóvenes e a Asociación Faraxa. Completa esta sesión a conferencia O ser e a mercancía no universo dixital, da xornalista, escritora e activista Kajsa Ekis Ekman, e a entrega de premios do concurso de vídeos ‘Desconecta: tolerancia cero contra a violencia sexual cara as mulleres e as nenas’.

0.1717700958252