O campus de Ourense súmase aos festexos polo Día das Letras Galegas

O campus de Ourense da Universidade de Vigo (UVigo) súmase aos festexos polo Día das Letras Galegas cun acto que terá lugar este xoves, 16 de maio, e no que o persoal universitario renderá homenaxe á escritora Luisa Villalta.
O evento dará comezo ás 12.30 horas na Facultade de Educación e Traballo Social, e estará presidido polo reitor, Manuel Reigosa.
No mesmo acto entregaranse tamén os 'Premios de poesía, relato curto e tradución 2024 da Universidade de Vigo'. O galardón é un premio á creatividade literaria en galego dos membros da comunidade universitaria e están dotados en total con 3600 euros, cun primeiro premio de 700 euros en cada categoría e dous accésits de 250 euros cada un.
Ademáis, como novidade nesta edición de 2024, a UVigo entregará o seu distintivo de galeguización Gal Ego 2023, que ten como obxectivo incentivar e recoñecer o emprego da lingua galega en facultades e escolas.