O Carballiño cobre o patio do edificio Uceira do CEIP Calvo Sotelo

OurenseXa
A actuación, cun investimento municipal próximo aos 100.000 euros, permitirá ao alumnado empregar o espazo exterior con independencia das condicións meteorolóxicas
Patio cuberto Calvo Sotelo O Carballiño
23 Sep 2026

O Concello do Carballiño rematou, a través da Concellería de Educación, as obras de cuberta do patio do edificio Uceira, pertencente ao CEIP Plurilingüe Calvo Sotelo. A nova estrutura, en forma de cúpula, permitirá que o alumnado e o profesorado do centro poidan facer uso das instalacións exteriores aínda que o tempo non acompañe.

Trátase dunha intervención que levaba tempo sendo reclamada pola comunidade educativa do centro. Segundo informou o goberno local, o proxecto supuxo un investimento municipal de arredor de 100.000 euros.

A cuberta acada preto de 10 metros de altura e foi deseñada con materiais resistentes e ignífugos, ademais de incorporar protección fronte á radiación solar. A isto súmase un sistema completo de recollida de augas pluviais, pensado para evitar filtracións e goteiras no espazo cuberto.

A concelleira de Educación, Lorena Castro, destacou a importancia desta actuación, sinalando que a zona exterior cuberta coa que contaba ata agora o colexio resultaba insuficiente dado o elevado número de estudantes matriculados. Neste sentido, subliñou que era necesario que o alumnado dispuxese deste espazo para poder saír ao patio e xogar con independencia de se chove ou fai sol.

0.10200500488281