O Castro de Armea, un dos xacementos romanos máis importantes de Galicia situado en Allariz

OurenseXa
Armea suporía despois da cidade de Lugo o principal tecido urbano de época romana de Galicia
Castro de Armea
Castro de Armea
4 Ago 2024

Situado en Allariz, preto do coñecido santuario de Santa Mariña de Augas Santas, atópase o Castro de Armeá, unha antiga vila romana que continúa sendo obxecto de distintas escavacións arqueolóxicas.

As intervencións anuais realizadas apuntan a que Armea foi unha auténtica cidade romana, ocupada arredor do século I despois de Cristo e abandonada no III, que suporía despois da cidade de Lugo o principal tecido urbano de época romana de Galicia.

A cidade conta con dúas zonas diferentes, a primeira no alto da cima, onde se sitúa o poboado castrexo, e a segunda nas terrazas da zona noroeste, formado por un complexo tramado urbano onde podemos atopar rúas pavimentadas, redes de saneamento e casas de dous pisos de altura.

Na campaña de escavacións deste ano, que actualmente está a levar a cabo o grupo de estudos de arqueoloxía da UVigo, estase a escavar a coñecida como domus (casa) leste ou dos pináculos, na que o equipo da UVigo busca exhumar novas estancias que rodean o atrio que se escavou nas campañas pasadas.

0.16344404220581