O CDR O Viso organizou unha actividade de lecer saudable en Celanova

OurenseXa
A actividade enmárcanse no proxecto "Biocoidados: novos modelos de atención prestados pola comunidade"
cdr_O_viso_celanova
Actividade de lecer saudable en Celanova, organizada polo CDR O Viso
27 mar 2024
O Centro de Desenvolvemento Rural O Viso celebrou unha actividade de lecer saudable en Celanova, como parte do Proxecto de Biocoidados. O obxectivo foi o de fortalecer as relacións sociais entre os participantes na comunidade.
O destino foi escollido tras escoitar as suxestións do grupo, xa que moitos dos participantes sinalan que "nunca tiveran a oportunidade de coñecer este pobo debido ás súas circunstancias persoais". Isto, precisamente, cumple un dos obxectivos de Biocoidados: impulsar o desenvolvemento dos proxectos de vida das persoas valorando a comunidade.
Cunha visita guiada, os participantes visitaron o Mosteiro de San Salvador. Tamén descubriron a Capela de San Miguel, un exemplar único na Península Ibérica e esencial para entender os tempos da repoboación cristiana. Situada no xardín do mosteiro, é o único vestixio arquitectónico que resistiu, practicamente inalterado, o paso do tempo. Para culminar a visita, achegáronse ao Centro Sociocomunitario de Celanova.
Estas accións enmárcanse no proxecto "Biocoidados: novos modelos de atención prestados pola comunidade", vinculado ao Plan de Recuperación Trasformación e Resiliencia do Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030 e financiado pola Unión Europea- Next GenerationEU.