O CEIP Padre Crespo de Xunqueira de Ambía organiza unha nova edición da súa Andaina – Ruta de Orientación

O CEIP Padre Crespo de Xunqueira de Ambía organiza este sábado, 30 de maio, a IV Andaina – Ruta de Orientación 2026, unha actividade aberta á participación cidadá que combinará deporte, convivencia e solidariedade.
A xornada comezará a partir das 9:30 horas con diferentes percorridos de andaina adaptados a varios niveis. Haberá unha ruta de 15 quilómetros con saída ás 9:30 horas, outra de 11 quilómetros ás 10:00 horas e unha opción máis curta de 5 quilómetros, prevista para as 11:00 horas.
Ademais das rutas de sendeirismo, a programación inclúe circuítos de orientación, con modalidades de iniciación e nivel avanzado, que se desenvolverán a partir das 11:30 horas.
O evento completarase con diversas actividades paralelas, entre as que se inclúen un mercadiño solidario, animación infantil, un concerto e servizo de avituallamento para as persoas participantes.
As inscricións están abertas en diferentes puntos, como o propio CEIP Padre Crespo, o Concello de Xunqueira de Ambía, a plataforma Sportmaniacs e a aplicación Saudeter. A participación será gratuíta para alumnado de infantil e persoas con mobilidade reducida, mentres que o prezo será de 5 euros para estudantes de secundaria e 10 euros para persoas adultas.
Desde a organización sinalan que a recadación obtida se destinará íntegramente a causas solidarias.