O cemiterio de Santa Mariña amplía a súa capacidade cun novo módulo de columbarios

O cemiterio municipal de Santa Mariña incorporou un novo módulo de columbarios de recente construción co obxectivo de aumentar a súa capacidade e dar resposta á crecente demanda deste tipo de servizo por parte da cidadanía.
A nova ampliación está composta por 168 unidades, que se suman á oferta existente ata acadar un total de 756 columbarios no recinto. Segundo se informa, cada columbario permite albergar ata unha ducia de urnas de cinzas, así como unha caixa de restos.
No que respecta ás concesións, estas réxense pola normativa municipal e poden solicitarse por períodos de 5 ou 50 anos, con prezos que oscilan entre os 75 e os 336 euros, respectivamente.
As persoas interesadas poden obter máis información ou tramitar a súa solicitude no servizo municipal de Cemiterios, situado na rúa Bispo Carrascosa, número 8, ou a través do teléfono 988 25 35 62.
Desde o goberno municipal sinalan que esta actuación forma parte do plan de mellora e ampliación do cemiterio de Santa Mariña, que prevé continuar no futuro coa construción de novos columbarios e nichos para atender as necesidades da veciñanza.