O centro social da AVV Peliquín-Catro Camiños acolle unha charla sobre prevención de estafas e seguridade cidadá

OurenseXa
A veciñanza aprendeu sobre como actuar para a prevención de estafas e roubos, así como sobre pautas para mellorar a seguridade cidadá
charla-seguridad-peliquin
21 Apr 2026

O centro social da AVV Peliquín-Catro Camiños acolleu unha xornada formativa sobre prevención de estafas e seguridade cidadá.

A charla foi impartida por Roberto González, vogal do Consello de Policía Nacional do SUP, e estivo dirixida a achegar información ás veciñas e veciños sobre como actuar para a prevención de estafas e roubos, así como sobre pautas para mellorar a seguridade cidadá.

Esta iniciativa inclúese dentro da programación de actividades que organiza a AVV Peliquín-Catro Camiños ao longo do ano co obxectivo de fomentar a participación veciñal e dinamizar o barrio.

0.11430096626282