O ciclismo toma este domingo Pereiro de Aguiar coa celebración da Copa de España de Pumptrack

GaliciaXa | RibeiraSacraXa | OurenseXa
A proba celebrarase o 30 de agosto no circuíto de Monterrei, dentro do calendario de competicións organizadas por Maese Ourense
presentacion-campionato-de-españa-pump-track-pereiro
27 Aug 2026

Pereiro de Aguiar será este domingo, 30 de agosto, escenario dunha nova proba de ciclismo federado coa celebración da Copa de España de Pumptrack, organizada polo equipo nacional de ciclismo Maese Ourense.

A competición foi presentada este mércores no Pavillón dos Remedios de Ourense, xunto co resto de probas que forman parte do calendario deportivo impulsado polo equipo para as próximas semanas.

A Copa de España terá lugar no circuíto situado entre Monterrei e Pereiro de Aguiar, que se converterá así no punto de encontro de deportistas e afeccionados a esta modalidade ciclista.

O calendario continuará o 6 de setembro coa celebración da IV Copa Galicia Pumptrack, no Parque das Letras de Ourense, mentres que o 13 de setembro será a quenda do II MiniDH Urbano, que se desenvolverá no Casco Vello da cidade.

As diferentes citas ofrecerán a oportunidade de desfrutar do ciclismo de competición en distintos escenarios da provincia, combinando deporte e espectáculo e achegando estas modalidades ao público.

0.15706086158752