O Ciclo de Cine de Verán da Peroxa continúa este domingo coa proxección de “Cinco lobitos”

O Auditorio Municipal da A Peroxa acollerá unha nova sesión do Ciclo de Cine de Verán este domingo 28 de xuño ás 21:00 horas, coa proxección da película “Cinco lobitos”.
A actividade desenvólvese a través do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero e inclúe a exhibición deste filme dirixido por Alauda Ruiz de Azúa e protagonizado por Laia Costa e Susi Sánchez.
Segundo a información facilitada, a historia céntrase en Amaia, unha nai primeriza desbordada que se refuxia na casa dos seus pais no País Vasco cando a súa parella se ausenta por traballo. Tras enfermar a súa nai, os roles familiares invírtense, e Amaia pasa a asumir os coidados de toda a familia, revivindo situacións que xa vivira a súa nai décadas atrás.
A película aborda as luces e sombras da maternidade, o peso dos coidados familiares e o paso das responsabilidades dunha xeración á seguinte.