O ciclo de conferencias 'Mirar el arte' regresa ao Centro Cultural Ángel Valente este venres
A Fundación Cum Laude retoma o seu ciclo de conferencias 'Mirar el arte' o vindeiro venres, 18 de outubro, no Centro Cultural Angel Valente, da man de Xavier de Lima, que achegará aos asistentes a obra dos artistas Leando Sánchez e Fernando Barreira.
Leandro Sánchez, nacido en Mallorca, reside desde fai anos en Ourense onde desenvolve a súa arte. Pintor e restaurador, a súa obra caracterízase por un enfoque innovador onde combina diferentes técnicas e que o levou a expoñer en galerías de todo o mundo.
Fernando Barreira, nacido en Verín, é un dos artistas ourensáns máis recoñecidos tanto a nivel nacional como internacional. O seu traballo abarca diversas disciplinas, como a pintura e a escultura, nas que se observa unha profunda conexión con temas como a memoria, o tempo e a identidade. Barreira utiliza texturas ricas e unha paleta de cores terrosos e escuros, creando atmosferas que convidan á reflexión e o diálogo interno.