O ciclo de humor 'A Peroxa Conta' arrancará o vindeiro mes de xullo

OurenseXa
Luis Zahera, Patricia Córdoba e Víctor Fábregas subiranse ao escenario do Auditorio Municipal da Peroxa para presentar os seus monólogos
Ciclo de humor 'A Peroxa Conta'
Ciclo de humor 'A Peroxa Conta'
11 jun 2024

A Peroxa acollerá, o vindeiro mes de xullo, o ciclo de humor 'A Peroxa Conta'. Luis Zahera, Patricia Córdoba e Víctor Fábregas subiranse ao escenario do Auditorio Municipal da Peroxa para presentar os seus monólogos.

Programa completo

  • Xoves, 4 de xullo: actuación de Luis Zahera ás 21.00 horas no Auditorio de A Peroxa
  • Venres, 12 de xullo: actuación de Patricia Córdoba ás 21.00 horas no Auditorio de A Peroxa
  • Sábado, 20 de xullo: actuación de Víctor Fábregas ás 21.00 horas no Auditorio de A Peroxa

As actuacións terán un prezo de cinco euros, excepto a de Patricia Córdoba que será de acceso libre e gratuito ata completar o aforo.