O ciclo “Finanzas para Todos” impartido polo Banco de España regresa a Celanova

Aula CeMIT do Concello de Celanova acollerá a partir deste venres un ciclo formativo titulado “Finanzas para Todos”, unha iniciativa impartida polo Banco de España no marco do seu programa de educación financeira. A actividade consta de tres sesións cun total de 7,5 horas de formación práctica e gratuíta dirixida á cidadanía.
O obxectivo destas xornadas é ofrecer coñecementos e ferramentas que permitan tomar decisións económicas máis informadas no día a día, mellorar a saúde financeira persoal e reforzar a seguridade nas operacións e xestións financeiras.
A primeira sesión, titulada “Billetes, moedas e inflación”, celebrarase o venres 26 de xuño ás 10:30 horas. Durante esta charla abordaranse nocións básicas sobre inflación, dereitos en operacións de efectivo e pautas para recoñecer billetes e moedas lexítimos.
A segunda sesión terá lugar martes 2 xullo ás 16:30 horas e estará titulada “Pagos, financiamentos e o portal do cliente do Banco de España”, mentres que a última será o mércores, 3 xullo, sobre finanzas persoais e protección activa fronte ao fraude.
As persoas interesadas en participar deberán realizar inscrición previa na Aula CeMIT do Concello de Celanova, situada no Parque das Triguerizas, ou chamando ao teléfono 988 431 604.