O Ciclo Mestre Mateo 2024 chega este venres a Allariz
OurenseXa
A Casa da Cultura de Allariz acollerá, durante os meses outubro e novembro, a proxección dunha selección de películas, curtametraxes e documentais finalistas nos Premios Mestre Mateo
Ciclo Mestre Mateo 2024 en Allariz
23 Oct 2024
A Academia Galega do Audiovisual, en colaboración co Concello de Allariz, levarán o Ciclo Mestre Mateo 2024 a este municipio durante os meses outubro e novembro, cunha selección de películas, curtametraxes e documentais finalistas nos Premios Mestre Mateo.
A entrada será de balde e as proxeccións comezarán este venres, 25 de outubro, ás 20.30 horas, coa película 'O Corno'. O sábado, 26 de outubro, será o turno da película 'Salta', ás 18.30 horas. Ambas proxeccións terán lugar na Casa da Cultura de Allariz.