O CIM de Pereiro de Aguiar convoca o V Concurso de Debuxos polo 25N

OurenseXa
O certame busca promover a creatividade e a conciencia social do alumnado fronte á violencia de xénero
violencia-genero
29 Oct 2025

O Centro de Información á Muller (CIM) de Pereiro de Aguiar pon en marcha o V Concurso de Debuxos 25N, unha iniciativa dirixida ao alumnado dos centros educativos do municipio para conmemorar o Día Internacional contra a Violencia de Xénero.

O concurso propón ao estudantado elaborar un debuxo, viñeta ou slogan que exprese a repulsa fronte a calquera tipo de violencia de xénero. O obxectivo, explican desde o CIM, é previr, concienciar e sensibilizar sobre unha realidade que continúa presente na sociedade actual, ao tempo que se fomenta a imaxinación, creatividade e reflexión do alumnado.

A convocatoria está aberta ao alumnado de Primaria (de 1º a 6º curso) e Secundaria (de 1º a 4º curso) dos centros escolares do concello.

Os debuxos gañadores serán utilizados para elaborar os carteis conmemorativos do 25N, que se distribuirán entre os centros participantes, ademais de entregarse premios ás persoas vencedoras de cada categoría.

O prazo para presentar as propostas remata o 17 de novembro, e os traballos deberán entregarse de forma presencial nas oficinas do CIM do Pereiro de Aguiar, situadas na Praza do Concello nº1, de luns a venres en horario de 9:00 a 15:00 horas.

⚙ Configurar cookies
0.074965953826904