O CIM do Pereiro organiza sesións de autodefensa feminina para mellorar a seguridade e a confianza das mulleres

OurenseXa
O obradoiro desenvolverase no centro de actividades dos Gozos en dúas xornadas, o venres 8 de maio e o venres 22 de maio
autodefensa-defensa-persoal
26 Apr 2026

O Centro de Información á Muller (CIM) do Pereiro de Aguiar impulsa unhas sesións de autodefensa feminina dirixidas ás mulleres do municipio, co obxectivo de ofrecer ferramentas de autoprotección, protocolos básicos de actuación ante situacións de risco e contribuír ao aumento da autoestima e da autoconfianza.

As sesións serán impartidas por Cristy Shedimar Tojo, facilitadora de autodefensa feminina con preto de tres décadas de experiencia no ámbito das artes marciais. A formadora foi campioa de Europa de parakarate en 2019 e conta con 19 medallas estatais en diferentes modalidades deportivas.

O obradoiro desenvolverase no centro de actividades dos Gozos en dúas xornadas, o venres 8 de maio e o venres 22 de maio, en horario de 17:00 a 19:00 horas.

Segundo se sinala desde a organización, a finalidade do curso é dotar ás participantes de recursos que lles permitan sentirse máis seguras ante posibles situacións de risco en distintos ámbitos da vida cotiá.

As interesadas poden inscribirse desde hoxe nas oficinas do CIM, situadas no Concello do Pereiro de Aguiar, ou ben a través dos teléfonos 699 583 252 e 988 032 554, así como mediante o correo electrónico asesoriaxuridica.cim@pereiro.gal, indicando nome, apelidos, data de nacemento e datos de contacto.

0.12790703773499