O CIM móbil fará parada en Paderne de Allariz este mércores

OurenseXa
A través deste servizo, as persoas usuarias poderán acceder a información, orientación e apoio de maneira personalizada e confidencial
CIM MÓBIL
12 Aug 2026

O Centro de Información ás Mulleres (CIM) móbil desprazarase este mércores, 13 de agosto, ao concello de Paderne de Allariz para ofrecer un servizo gratuíto e confidencial de atención, asesoramento e acompañamento. A unidade situarase na Praza do Concello e atenderá ao público en horario de 9.00 a 14.00 horas.

A través deste servizo, as persoas usuarias poderán acceder a información, orientación e apoio de maneira personalizada, nun espazo habilitado para garantir a confidencialidade da atención.

0.13134407997131