O CIM móbil prestará atención en Paderne de Allariz este mércores

OurenseXa
O servizo está dirixido tanto a mulleres que o soliciten de maneira individual como a aquelas que participen a través de grupos ou asociacións de mulleres
CIM MÓBIL
12 May 2026

O Centro de Información á Muller (CIM) móbil da Xunta de Galicia desprazarase ao concello de Paderne de Allariz este mércores 13 de maio, onde atenderá en horario de 10.00 a 14.00 horas.

Trátase dun recurso especializado que ofrece información, asesoramento, atención e orientación, así como acompañamento psicolóxico, social e xurídico en materia de violencia contra as mulleres, de forma ambulatoria.

Este servizo está dirixido tanto a mulleres que o soliciten de maneira individual como a aquelas que participen a través de grupos ou asociacións de mulleres. Ademais, tamén pode ser empregado por calquera persoa interesada en cuestións relacionadas coa información, prevención e atención da violencia de xénero.

0.13789916038513