O CIM móbil prestará servizo este venres en San Cibrao das Viñas

O Centro de Información ás Mulleres (CIM) móbil desprazarase este venres, 10 de xullo, ao concello de San Cibrao das Viñas para ofrecer un servizo gratuíto e confidencial de atención, asesoramento e acompañamento.
A unidade situarase na Praza do Cruceiro de Reboredo, xunto á farmacia, e atenderá ao público en horario de 9.00 a 14.00 horas.
A través deste servizo, as persoas usuarias poderán acceder a información, orientación e apoio de maneira personalizada, nun espazo habilitado para garantir a confidencialidade da atención.